Escalada indoor no Morrazo

Descubre un dos espazos de escalada máis grandes de Galiza. Deseñamos BONOBO pensando en ofrecerche a mellor das experiencias.

Escalada indoor no Morrazo

Instalacións do rocódromo

As instalacións de BONOBO están situadas nunha nave duns 1.200 m² de superficie, con máis de 500 m² escalables e dúas plantas, o que nos fai ser un dos espazos de escalada máis grandes de Galiza e o rocódromo privado máis grande da zona sur.

Na planta baixa temos a zona de vías, de casi 100 metros lineais e de ata 9 metros de altura destinada á escalada deportiva e, no segundo piso, poderás atopar a zona de búlder. Ademáis, contamos cunha zona infantil, especialmente deseñada para os máis pequenos, na que poder escalar, ler ou xogar, namentres os pais están a escalar.

Tódolos espazos de escalada de BONOBO están deseñados para ofrecer unha experiencia única, sexa cal sexa o teu nivel.

m² superficie

m² escalables

plantas

Queres velo en persoa?

Escalada indoor no Morrazo

Zona de vías

A nosa zona de vías creouse para aqueles que andan na procura de desafíos verticais con aseguramento. Contamos con rutas de diferentes dificultades, perfectas tanto para os que queren dar os seus primeiros pasos na escalada con corda como para os escaladores experimentados que desexan progresar na súa técnica.

Dispoñemos de aseguradores automáticos, que che permitirán adestrar de maneira segura sen necesidade de compañeiro.

As vías renovanse periodicamente para ofrecerche novos retos cada vez que veñas.

Escalada indoor, vías
Escalada indoor, búlder

Escalada indoor no Morrazo

Búlder

A zona de búlder é a parte do rocódromo onde a escalada cobra un carácter máis dinámico e desafiante. Sen a necesidade de corda nin arnés, aquí atoparás bloques de distintos niveis deseñados para mellorar forza, resistencia e creatividade na escalada.

O noso búlder conta cun deseño variado, con desplomes, placas e volumes que che permitirán por a proba a túa técnica e resolver problemas de escalada de forma divertida. Os bloques renovanse constantemente para manter a experiencia fresca e motivadora.

Escalada indoor no Morrazo

Zona infantil

Queremos que os máis pequeños disfruten da escalada nun entorno seguro e adaptado as súas necesidades. A nosa zona infantil está preparada para que os nenos se inicien na escalada de forma lúdica e progresiva, con presas e percorridos adaptados ó seu tamaño e habilidades.

Ademáis da escalada, este espazo inclúe un recanto de lectura e xogos, ideal para que os nenos teñan entretemento mentres os seus pais están a adestrar. Queremos que BONOBO sexa un lugar onde as familias poidan compartir momentos únicos e fomentar o amor polo deporte dende unha idade temperá.

Escalada indoor, zona infantil

É a túa primeira vez en BONOBO?

Contámosche todo o que necesitas saber

Escalada indoor no Morrazo

Preguntas frecuentes

Necesito experiencia previa para escalar en BONOBO?

Non! En BONOBO ofrecemos actividades para todos os niveis, dende principiantes ata escaladores avanzados.

Se é a túa primeira vez escalando, recomendámosche probar un Bautismo de escalada ou o noso Curso de iniciación.

Que roupa ou material necesito levar?

Só precisas traer roupa cómoda e ganas de escalar. Se non tes pés de gato, podes alugalos no rocódromo.

A partir de qué idade poden escalar os nenos?

Os nenos poden empezar dende os 6 anos nos nosos cursos e actividades infantís. Os menores de 4 anos poden entrar de balde, sempre e cando os pais estén a pagar a entrada de día ou sexan socios.

Ofrecedes bonos ou descontos para grupos?

Sí, temos tarifas especiais para grupos e bonos de varias sesións. Consulta as nosas ofertas na sección de Actividades e Prezos.

É necesario reservar para escalar?

Non é necesario reservar para escalar libremente, pero sí para actividades guiadas como bautismos, cursos ou cumpleanos. Podes reservar a través do noso formulario online ou chamándonos.

Podo levar o meu propio material?

Sí, podes traer o teu material sempre e cando cumpra cos estándares de seguridade. Se precisas alugar algunha cousa, contamos con equipamento no rocódromo.