Primeira vez en BONOBO

Queres vir practicar a escalada no noso rocódromo? Se é a túa primeira vez visitando BONOBO non deixes de botarlle un ollo ás normas básicas de uso e seguridade.

Contactar Bonobo

Escalada en Bonobo

Primeiro día

Para aproveitar ó máximo o teu primeiro día de escalada nun contorno seguro, propoñémosche facelo baixo a supervisión de profesionais, que che axudarán a desenvolverte polo mundo vertical.

As actividades idóneas para iso son os nosos “Bautismos de Escalada” e os “Cursos de Iniciación“.

Se o que queres é vir pola túa conta, non hai problema ningún, xa que as vías, os bloques e as demáis zonas están adaptadas a tódolos estilos e dificultades. Pero iso sí, lembra que debes cumprir as normas básicas de uso e seguridade que che deixamos a continuación.

Normas básicas de uso e seguridade

Rexistra os teus datos

Cubre o formulario de Consentimento informado na túa primeira visita a BONOBO. Podes facelo antes de vir picando Aquí, ou directamente no rocódromo.

Se ves con menores de idade

O formulario de Consentimento Informado será cuberto por un responsable adulto para tódolos menores de 18 anos, que deberán estar sempre acompañados e supervisados polo seu responsable. A idade mínima para o uso das vías e bloques é de 6 anos.

O que vas necesitar

Tanto no bloque como nas vías é obrigatorio o uso de pés de gato. Para usar autoaseguros necesitas un arnés. Para escalar con corda, freo semiautomático, corda e casco. Todo este material pódese alugar no noso centro. Lembra traer roupa cómoda e ganas de pasalo ben.

Bautismo de escalada en Pontevedra
Bonobo - Espazo de escalada no Morrazo

Normas Xeráis

– Rexistra a túa entrada en recepción.

– Os menores de 18 anos deben estar acompañados e supervisados por un responsable adulto.

– É obrigatorio o uso de pés de gato para escalar.

– Está prohibido comer e beber nas zonas de escalada.

– Non se permite correr nin facer acrobacias nos colchóns.

– Non está permitido escalar con aneis, pulseiras ou reloxos.

– Está prohibido escalar baixo os efectos do alcol e/ou droga.

Normas Bloque

– A persoa que xa está a escalar ten prioridade.

– Mantente fóra do colchón se non estás escalando.

– Non deixes obxectos personais nin bolsas de xiz sobre os colchóns.

– Non saltes dende o alto dun bloque, o mellor é baixar.

– Non subas ata o cumio se non estás seguro.

Normas Vías

– Non está permitida a escalada na zona de vías sen corda ou autoaseguro.

– É obrigatorio o uso correcto do autoaseguro: ancorar ó anel ventral do arnés e non se balancear.

– En canto remates de usar un autoaseguro vólveo a fixar ás portas destinadas a tal fin.

– PARTNER CHECK! Se estás asegurando, verifica o nó do escalador, se estás a escalar, verifica o dispositivo de freo.

– Se escalas con corda é obrigatorio chapar tódalas cintas.

– Non está permitido o uso de auriculares na zona de vías.

– Aconséllase escalar con casco.

– Asegúrate de que a túa vía non se cruce coa doutro escalador que xa esté escalando.

– Se non sabes utilizar o material ou tes algunha dúbida, consulta ó noso persoal.

Fai o teu bautismo de escalada en BONOBO

Primeira vez en BONOBO

Preguntas frecuentes

Necesito experiencia previa para escalar en BONOBO?

Non! En BONOBO ofrecemos actividades para todos os niveis, dende principiantes ata escaladores avanzados.

Se é a túa primeira vez escalando, recomendámosche probar un Bautismo de escalada ou o noso Curso de iniciación.

Que roupa ou material necesito levar?

Só precisas traer roupa cómoda e ganas de escalar. Se non tes pés de gato, podes alugalos no rocódromo.

A partir de qué idade poden escalar os nenos?

Os nenos poden empezar dende os 6 anos nos nosos cursos e actividades infantís. Os menores de 4 anos poden entrar de balde, sempre e cando os pais estén a pagar a entrada de día ou sexan socios.

Ofrecedes bonos ou descontos para grupos?

Sí, temos tarifas especiais para grupos e bonos de varias sesións. Consulta as nosas ofertas na sección de Actividades e Prezos.

É necesario reservar para escalar?

Non é necesario reservar para escalar libremente, pero sí para actividades guiadas como bautismos, cursos ou cumpleanos. Podes reservar a través do noso formulario online ou chamándonos.

Podo levar o meu propio material?

Sí, podes traer o teu material sempre e cando cumpra cos estándares de seguridade. Se precisas alugar algunha cousa, contamos con equipamento no rocódromo.