Espazo de escalada no Morrazo

Vive a emoción da escalada nun espazo deseñado para aprender, adestrar e gozar.

Contactar Bonobo

Espazo de escalada no Morrazo

Por que vir a escalar a BONOBO?

O Rocódromo

Benvido a BONOBO, o rocódromo de referencia no Morrazo.

En BONOBO cremos que a escalada é moito máis que un deporte: é unha forma de vida. O noso rocódromo é un espazo de encontro no que adestrar, desafiarte e compartir experiencias con outros escaladores.

Un espazo onde a paixón pola escalada únese co deporte e a comunidade.

Sexas principiante ou un escalador experimentado, no noso rocódromo atoparás un espazo desafiante e seguro para mellorar a técnica, forza e resistencia.

Descubre BONOBO e vive a escalada como nunca antes!

BONOBO - Espazo de escalada no Morrazo
Bonobo - Espazo de escalada no Morrazo

Equipo

Contamos cun equipo de profesionais que te guiarán en cada paso, dende os teus primeiros movementos ata o perfeccionamento da túa técnica.

Equipamento

En BONOBO terás dispoñible, para o seu alugamento, todo o material necesario para garantir unha escalada segura e cómoda. Corda, grigri, arnés e pés de gato.

Instalacións

O noso rocódromo está deseñado para ofrecer unha experiencia óptima para escaladores de tódolos niveis. Zonas de bloques e vías, de adestramento e zona infantil.

Seguridade

A seguridade é a nosa prioridade. Todas as nosas instalacións cumpren coas normativas vixentes, e o noso persoal está sempre disposto para asesorarte e supervisar o uso correcto do material.

Actividades

Contamos con actividades e cursos adaptados a tódalas idades e niveis. Tanto para aqueles que queren vir por libre, como para os que prefiren unha experiencia guiada.

Localización

Estamos no Morrazo, no Polígono Industrial de Castiñeiras (fronte á ITV). A só uns 20 min de Vigo e 30 min de Pontevedra. Facilidade de acceso e aparcamento.

Ven escalar a BONOBO

Espazo de escalada

Actividades do Rocódromo

Espazo escalada - Bautismos de escalada

Bautismos de escalada

Se non tes experiencia escalando, unha boa maneira de comezar é anotándote nos nosos bautismos de escalada. Témolos dispoñibles tanto para adultos como para infantil.

Espazo escalada - Cursos de escalada

Cursos de escalada

O noso curso de iniciación é perfecto se te queres iniciar na escalada de forma segura da man de profesionais. Para persoas con ou sen experiencia previa.

Espazo escalada - Escola de escalada

Escola de escalada

Desenvolvemento das capacidades físicas, educativas e mentais nun entorno seguro. Para nenos e rapaces de 6 a 16 anos.

É o teu primeiro día facendo escalada?

Contámosche todo o que necesitas saber

BONOBO Espazo de escalada

Opinións da xente que sabe

Xa viñeches visitar o noso rocódromo?

Fainos saber que che pareceu a través da túa recensión.

Espazo de escalada no Morrazo

Preguntas frecuentes

Necesito experiencia previa para escalar en BONOBO?

Non! En BONOBO ofrecemos actividades para todos os niveis, dende principiantes ata escaladores avanzados.

Se é a túa primeira vez escalando, recomendámosche probar un Bautismo de escalada ou o noso Curso de iniciación.

Que roupa ou material necesito levar?

Só precisas traer roupa cómoda e ganas de escalar. Se non tes pés de gato, podes alugalos no rocódromo.

A partir de qué idade poden escalar os nenos?

Os nenos poden empezar dende os 6 anos nos nosos cursos e actividades infantís. Os menores de 4 anos poden entrar de balde, sempre e cando os pais estén a pagar a entrada de día ou sexan socios.

Ofrecedes bonos ou descontos para grupos?

Sí, temos tarifas especiais para grupos e bonos de varias sesións. Consulta as nosas ofertas na sección de Actividades e Prezos.

É necesario reservar para escalar?

Non é necesario reservar para escalar libremente, pero sí para actividades guiadas como bautismos, cursos ou aniversarios. Podes reservar a través do noso formulario online ou chamándonos.

Podo levar o meu propio material?

Sí, podes traer o teu material sempre e cando cumpra cos estándares de seguridade. Se precisas alugar algunha cousa, contamos con equipamento no rocódromo.